Asociación de Técnicos de Informática.Grupos de TrabajoNoticias de ATIServicio ATInetPublicaciones de ATIFormación: Catálogo y NovedadesBolsa de Trabajo Ayuda
/DOCS
Indice de /DOCS

/DOCS


ÁREA PROFESIONAL Y ASOCIATIVA

ANTEPROXECTO DE LEI DE CREACIÓN DO COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS EN INFORMÁTICA DE GALICIA (en gallego)

Publicado en el DOGA nº 233 de Jueves 2 de Diciembre de 1999



Nota previa muy importante

Recomendamos también la lectura de los siguientes documentos, que expresan la posición oficial de ATI sobre los Colegios Profesionales:

Finalmente, señalar que en el "Área Profesional" de la sección /DOCS de nuestro web se encuentra abundante información sobre colegiación y asociacionismo informático.
 



Texto del Anteproxecto de Lei de Creación do Colexio Oficial de Enxeñeiros en Informática de Galicia, publicado en el DOGA nº 233 de Jueves 2 de Diciembre de 1999 (en gallego)

Exposición de motivos

O titulo de Enxeñeiro en Informática ven establecido con tal denominación dende o Real Decreto 1459/1990, do 26 de outubro. A dita regulación deulle unha nova dimensión á carreira de informática acoplándoa ós sistemas de estudio e estructuras profesionais da Comunidade Europea regulando unha Enxeñería Superior e, demostrándose así, que o nivel de formación adaptou o seu contido ás novas esixencias da evolución da informática.

Son presisameflte estas razóns as que aconsellaron a creación de novas facultades e, a extensión das súas ensinanzas, as que xustifican que se dote dun colexio profesional ós Titulados Superiores en Informática.

É indudable que nos atopamos nunha sociedade na que a informática ostenta un papel preponderente ó impregnar tódalas novas regulacións legais que se producen, así como as reformas de normas xa vixentes que acllen as aportacións que o mundo informático fai en materias tan variadas como a calificación dalgúns tipos delictivos no novo Código Penal, a protección dos datos personais a través da Lei Orgánica 5/92, de regulación do tratamento automatizado de datos personaís, a protección mediante os dereitos de autor dos programas de ordenador, o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, a contratación pública ou privada de bens ou servicios informáticos, etc.

Todo o exposto conleva unha consecuencia social directa a través da aplicación destas normas, nembargantes é a propia dinárnica diaria a que fai que nos vexamos inmersos continuamente nunha relación persoal coa actividade frenética da informática.

Exposto o anterior temos que convenir que o requisito necesario que debe cumprir calquera colexio profesional é o de servir a unha finalidade de interese xeral, é dicir, realizar unha función social que debe impoñerse ós seus membros a través dunhas obrigas persoais que, en caso de incumprimento, teñan a súa correspondente corrección.

A pesar de que o interese público é un concepto de non doada concreción neste caso podemos atopalo nas potenciais relacións que o Colexio pode establecer coa Administración, cos cidadáns, coas empresas privadas, na defensa de dereitos garantidos constitucionalmente como a honra, a intimidade persoal e familiar. A creación do colexio garante unha eficacia e transparencia en tódolos servicios que ofertan os profesionais da informática ós cidadáns.

Así a creación do Colexio Oficial de Enxeñeiros en Informática de Galicia xustificase no cumprimento dunha doble finalidade: por un lado a necesidade de ordenar unha profesión puxante fronte os cidadáns que utilizan os seus servicios e, entre os profesionais, como condición de ética e defensa dos seus intereses e, por outra, a esixencia dun interese público resultado de unir unha utilidade pública e un interese social.

Polo exposto e de acordo co establecido no artigo 36 da Constitución española, ó abeiro do establecido no artigo 27.29 do Estatuto de autonomía de Galicia; na Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencias de competencias á Comunidade Autónoma de Galicia; no Real decreto 1643/1996, do 5 de xullo, de traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado en materia de colexios profesionais; e no Decreto 337/1996, do 13 de setembro, da Xunta de Galicia, sobre asunción de funcións e competencias a que se refire o real decreto citado, todo isto en relación co disposto no artigo 4.1 e demais concordantes da Lei 2/1974, do 13 de febreiro, de colexios profesionais, modificada pola Lei 74/1978, do 26 de decembro, modificada tamén pola Lei 7/1997, do 14 de abril, de Medidas liberalizadoras en materia de solo e de Colexios Profesionais, prevése con esta lei a creación do Colexio Oficial de Enxeñeiros en Informática de Galicia, tendo en conta a solicitude formulada polas Asociación de Doutores, Licenciados e Enxeñeiros en Informática de Galicia.
 

Artigo 1.- Creación
Creáse o Colexio Oficial de Enxeñeiros en Informática de Galicia como corporación de dereito público, con personalidade xurídica propia e con plena capacidade para o cumprimento dos seus fins.
 

Artigo 2. Ámbito territorial
O ámbito de actuación do colexio será o territorio de Galicia.
 

Artigo 3. Colexiación
Poderá ser membro do Colexio Oficial de Enxeñeiros en Informática de Galicia quen estea en posesión do título de enxeñeiro en informática, establecido polo Real Decreto 1459/1990, do 26 de outubro.

Tamén porán formar parte do Colexio todas aquelas persoas que posúan o título de licenciado en informática en tódalas súas especialidades, de acordo co establecido no anexo do Real Decreto 1954/1994 que regula a homologación de títulos ós do catálogo de títulos universitarios oficiais.
 

Disposicions Transitorias

Primeira
1.- Créase unha comisión xestora, designada entre as asociacións de profesionais que reúnan os requisitos ós que fai referencia o artigo 3, existentes na actualidade, que, no prazo de seis meses a partir da entrada en vigor da presente lei, aprobará uns estatutos provisionais do Colexio Oficial de Enxeñeiros en Informática de Galicia, nos que se regulamentará a asemblea colexial constituínte, tendo en conta o censo de profesionais que se aprobe para o efecto, coa previsión da forma de convocatoria que deberá ser anunciada, como mínimo, con 20 días de antelación no Diario Oficial de Galicia e nos periódicos de maior difusión de Galicia, e do procedemento de desenvolvemento dela, garantíndose a posibilidade de asistencia de tódo los profesionais que acrediten estar nalgún dos supostos do artigo 3 desta lei.

2.- A Asemblea Constituínte deberá:
a) Elaborar e aproba-los estatutos definitivos do colexio.
b) Elixi-los membros dos seus órganos colexiados de goberno.
 

Segunda
Os estatutos definitivos, logo de seren aprobados, xunto coa acta da asemblea constituinte, remitiránselle á consellería competente en materia de colexios profesionais para a cualificación da súa iegalidade e, se é o caso, a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
 


Disposición derradeira

Esta lei entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

 

 
Fecha de creación: 31 de Enero de 2000
Última actualización: 
Sugerencias, comentarios, noticias, advertencias, ...info@ati.es
Mejor con cualquier visualizadorHTML 3.2

Sitio Web creado en 1994 por ATI (Asociación de Técnicos de Informática)
Este es el más antiguo de los webs asociativos de España