![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() |
|
/DOCS
ANTEPROXECTO DE LEI DE CREACIÓN DO COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS EN INFORMÁTICA DE GALICIA (en gallego) Publicado en el DOGA nº 233 de Jueves 2 de Diciembre de 1999 Nota previa muy importante Recomendamos también la lectura de los siguientes documentos, que expresan la posición oficial de ATI sobre los Colegios Profesionales:
Texto del Anteproxecto de Lei de Creación do Colexio Oficial de Enxeñeiros en Informática de Galicia, publicado en el DOGA nº 233 de Jueves 2 de Diciembre de 1999 (en gallego) Exposición de motivos O titulo de Enxeñeiro en Informática ven establecido con tal denominación dende o Real Decreto 1459/1990, do 26 de outubro. A dita regulación deulle unha nova dimensión á carreira de informática acoplándoa ós sistemas de estudio e estructuras profesionais da Comunidade Europea regulando unha Enxeñería Superior e, demostrándose así, que o nivel de formación adaptou o seu contido ás novas esixencias da evolución da informática. Son presisameflte estas razóns as que aconsellaron a creación de novas facultades e, a extensión das súas ensinanzas, as que xustifican que se dote dun colexio profesional ós Titulados Superiores en Informática. É indudable que nos atopamos nunha sociedade na que a informática ostenta un papel preponderente ó impregnar tódalas novas regulacións legais que se producen, así como as reformas de normas xa vixentes que acllen as aportacións que o mundo informático fai en materias tan variadas como a calificación dalgúns tipos delictivos no novo Código Penal, a protección dos datos personais a través da Lei Orgánica 5/92, de regulación do tratamento automatizado de datos personaís, a protección mediante os dereitos de autor dos programas de ordenador, o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, a contratación pública ou privada de bens ou servicios informáticos, etc. Todo o exposto conleva unha consecuencia social directa a través da aplicación destas normas, nembargantes é a propia dinárnica diaria a que fai que nos vexamos inmersos continuamente nunha relación persoal coa actividade frenética da informática. Exposto o anterior temos que convenir que o requisito necesario que debe cumprir calquera colexio profesional é o de servir a unha finalidade de interese xeral, é dicir, realizar unha función social que debe impoñerse ós seus membros a través dunhas obrigas persoais que, en caso de incumprimento, teñan a súa correspondente corrección. A pesar de que o interese público é un concepto de non doada concreción neste caso podemos atopalo nas potenciais relacións que o Colexio pode establecer coa Administración, cos cidadáns, coas empresas privadas, na defensa de dereitos garantidos constitucionalmente como a honra, a intimidade persoal e familiar. A creación do colexio garante unha eficacia e transparencia en tódolos servicios que ofertan os profesionais da informática ós cidadáns. Así a creación do Colexio Oficial de Enxeñeiros en Informática de Galicia xustificase no cumprimento dunha doble finalidade: por un lado a necesidade de ordenar unha profesión puxante fronte os cidadáns que utilizan os seus servicios e, entre os profesionais, como condición de ética e defensa dos seus intereses e, por outra, a esixencia dun interese público resultado de unir unha utilidade pública e un interese social. Polo exposto e de acordo
co establecido no artigo 36 da Constitución española, ó
abeiro do establecido no artigo 27.29 do Estatuto de autonomía de
Galicia; na Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencias
de competencias á Comunidade Autónoma de Galicia; no Real
decreto 1643/1996, do 5 de xullo, de traspaso de funcións
e servicios da Administración do Estado en materia de colexios profesionais;
e no Decreto 337/1996, do 13 de setembro, da Xunta de Galicia, sobre asunción
de funcións e competencias a que se refire o real decreto citado,
todo isto en relación co disposto no artigo 4.1 e demais concordantes
da Lei 2/1974, do 13 de febreiro, de colexios profesionais, modificada
pola Lei 74/1978, do 26 de decembro, modificada tamén pola Lei 7/1997,
do 14 de abril, de Medidas liberalizadoras en materia de solo e de Colexios
Profesionais, prevése con esta lei a creación do Colexio
Oficial de Enxeñeiros en Informática de Galicia, tendo en
conta a solicitude formulada polas Asociación de Doutores, Licenciados
e Enxeñeiros en Informática de Galicia.
Artigo 1.- Creación
Artigo 2. Ámbito
territorial
Artigo 3. Colexiación
Tamén porán
formar parte do Colexio todas aquelas persoas que posúan o título
de licenciado en informática en tódalas súas especialidades,
de acordo co establecido no anexo do Real Decreto 1954/1994 que regula
a homologación de títulos ós do catálogo de
títulos universitarios oficiais.
Disposicions Transitorias Primeira
2.- A Asemblea Constituínte
deberá:
Segunda
Disposición derradeira Esta lei entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. |
Fecha de creación: 31
de Enero de 2000
Última actualización: |
|
![]() ![]() ![]() |