ATI é unha asociación aberta a tódolos técnicos e profesionais informáticos e que está implantada en todo o país a traveso dos Capitulos Territoriais existentes en diversas Comunidades Autónomas.

Creada en 1967, é na actualidade a asociación máis dinámica e máis numerosa das existentes no sector informático español, con sedes en Barcelona (sede xeral), Madrid, e Valencia.

ATI é a representante española na IFIP (Federación Internacional para o Proceso da Información).

ATI é membro de CEPIS (Consello para Sociedades Profesionais Informáticas Europeas) e ten un acordo de colaboración con ACM (Asociación para a Maquinaria de Cómputo).

No plano interno ten establecidos acordos de colaboración ou vencellamento con Ada Spain, ASTI, Hispalinux, AI2 e RITSI (Asociación Nacional de Estudiantes de Ingenierías e Ingenierías Técnicas en Informática).

Para máis información contactar con info@ati.es